Non foi doado para Isla mudar de cidade e empezar de cero nun novoinstituto. Devecía por dar un paseo polo espazo, avistando planetas através do telescopio, mergullada no ventre do universo. Casiopea, onome da tartaruga máxica de Momo, era o nick que empregaba nos forossobre astronomía nos que participaba adoito. Alí coñeceu a Xúpiter,alguén que semellaba saber moito de estrelas. As longas conversas até ben entrada a madrugada prenderan unha luz,entre os dous existía unha maxia que traspasaba as fronteiras dociberespazo. Isla sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter:onde vivía, a que instituto ía, o seu nome real… Quedaron para secoñecer nunha noite de San Xoán de cacharelas e mar embravecido. Foientón, despois de despedirse da súa amiga Mar, cando Isla seprecipitou na escuridade. A súa vida estaba a piques de cambiar parasempre.